Departamento H05

Mestrado Interuniversitario en Arqueoloxía e ciencias da antigüidade


O Mestrado Interuniversitario en “Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade” ten unha doble orientación: profesionalizante e investigadora. Na súa primeira vertiente, aspira a formar arqueólogos que podan desenvolver a súa labor profesional neste campo nos próximos anos; na segunda, da paso ao programa de Doutoramento da Universidade de Santiago de Compostela “Historia, Xeografía e Arte” ou ben ao programa de “Protección do Patrimonio cultural” da Universidade de Vigo.

El Mestrado cuenta además con la participación del Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do Consello Superior de Investigaciónes Científicas (CSIC).

MODALIDADE: Presencial
DURACIÓN: 1 curso académico
Nº PRAZAS: 25 prazas (XX UVIGO)
Créditos: 60 créditos ECTS

Mestrado en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural


O Mestrado en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio pretende configurarse coma un punto de encontro entre profesionais que traballamos con este patrimonio. xa sexa dende o punto de vista da investigación e conservación dos seus elementos ou dende a transferencia bidireccional de coñecemento coa sociedade. É por isto que se pretende crear un espazo interdisciplinar para diferentes especialistas, incidindo nunha formación integral que os capacite coma xestores cualificados capaces de desenvolver protocolos de traballo conxuntos.

Unha oferta formativa única e innovadora, que sintetiza competencias múltiples para capacitar aos novos profesionais. Tres ramas disciplinares cun protagonista común: o patrimonio.

MODALIDADE: Semipresencial
DURACIÓN: 1 curso académico
Nº PRAZAS: 20 prazas
Créditos: 60 créditos ECTS
Páxina web do Título

Tríptico informativo
Memoria

Mestrado en Arte Contemporánea. Creación e Investigación


O Mestrado consta dunha doble orientación: académica e investigadora.

Os contidos, obxectivos e métodos do Mestrado están orientados hacia saídas profesionais heteroxéneas en consoancia coa demanda e a realidade social. Apostamos por unha perspectiva interdisciplinar que permita aos estudantes adquirir unha formación polivalente e versátil para desenvolverse en actividades relacionadas coa creación plástica en todas as súas modalidades creativas, a imaxe e os audiovisuais (deseño gráfico, videográfico, infográfico, páxinas web…) así coma coa difusión e transmisión da arte (comisariado, xestión cultural, dirección artística, gabinetes pedagóxicos…).

MODALIDADE: Presencial
DURACIÓN: 1 curso académico
Nº PRAZAS: 25 prazas
Créditos: 60 créditos ECTS
Páxina web do Título

Díptico informativo
Memoria

Mestrado en Profesorado. Especialidade: Xeografía e Historia


O Mestrado para o Profesorado de Educación Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas, coma o seu propio título indica é un Mestrado puramente profesionalizante. Esta profesionalización centrase no campo da “Educación” e dentro deste na Formación Inicial do Profesorado, é dicir, a docencia.

Este título oficial faculta ao alumnado para exercer docencia en Ensinanza secundaria obrigatoria e bacharelato nas materias de Ciencias sociais, xeografía, historia, historia da arte.

As licenciaturas de acceso a este Mestrado son: en Xeografía, en Historia, en Historia da Arte, en Comunicación Audiovisual, en Periodismo, en Publicidade e Relacións Públicas, en Socioloxía e en Antropoloxia social e cultural.

MODALIDADE: Presencial
DURACIÓN: 1 curso académico
Nº PRAZAS: 260 prazas (en total)
Créditos: 60 créditos ECTS
Páxina web do Título

Díptico informativo
Memoria

Programas de Doutoramento


Programa de Doutoramento en Protección do Patrimonio Cultural

O Programa de Doutoramento en Protección do Patrimonio Cultural pretende xerar un espazo de encontro interprofesional entre os distintos axentes que participan na protección do patrimonio nas súas diferentes perspectivas: documentación e valoración do ben, caracterización dos materiais do ben e da contorna que o rodea, mecanismos de deterioro e diagnóse e finalmente intervención directa ou indirecta sobre o patrimonio có obxecto de protexelo. Constitúe tamén o marco ideal de formación doutoral para os egresados do Mestrado en valoración, xestión e protección do Patrimonio Cultural da Universidade de Vigo.

Memoria | Páxina Web